Aceptamos libros
Selecciona mensajes desde
# hasta # FAQ
[/[Imprimir]\]
Ir a página 1, 2  Siguiente  :| |:
Bookcrossing-Spain -> Foro de Idiomas

#1: Aceptamos libros Autor: petitejolieUbicación: Lugo MensajePublicado: Jue Ene 19, 2012 1:59 pm
    —
Vexo que, aínda que case só eu publique no foro galego, alguén máis o lee, de xeito que quería lembrarvos:

Se alguén quere "desfacerse" de libros, aquí estamos: os adoptamos todos! Very Happy

Eu son do grupo Bookcrossing Lugo, de modo que se andades por aquí, podedes poñervos en contacto connosco no mail : lugolibroslibres@hotmail.com ou ben manifestarvos neste foro...

Aceptamos doazóns de libros porque nós lles damos uso, poñémolos en circulación entre membros de Bookcrossing, ou ás veces, organizamso liberacións. De xeito que se pensades desfacervos dos libros (ou coñecedes alguén que quixera facer espazo), antes de abandoalos a súa sorte, estamos nós!

E se difundides a mensaxe, dobre agradecemento Razz

#2:  Autor: petitejolieUbicación: Lugo MensajePublicado: Dom May 13, 2012 12:58 pm
    —
reinterándome...se tedes libros que xa non queredes, ou coñecedes a alguén, nós dámoslle un segundo e terceiro e cuarto,... uso, de xeito que podedes liberalos nunha zona oficial ou poñervos en contacto en : lugolibroslibres@hotmail.com

#3:  Autor: lourixeUbicación: Via XIX per loca maritima MensajePublicado: Dom May 13, 2012 2:36 pm
    —
Chamáronme por fin da Obra Social de Nova Galicia Banco confirmando a súa achega dun lote de libros para liberar o Día das Letras Galegas. O que non sei é se veñen xa con BCID ou terei que os rexistrar co usuario Lugolibroslibres que empregamos neses casos.

Tamén verías que pasei polo Centro de Interpretación da Muralla e rexistrei os libros que alí fora deixando xente. Non eran tantos como me dixeran, e a maioría son novelas románticas (ou "ficción feminina", como se chama a categoría para bookcrossing).

#4:  Autor: cocodrasUbicación: En el camino de baldosas amarillas MensajePublicado: Lun May 14, 2012 10:19 am
    —
lourixe escribió:
Chamáronme por fin da Obra Social de Nova Galicia Banco confirmando a súa achega dun lote de libros para liberar o Día das Letras Galegas. O que non sei é se veñen xa con BCID ou terei que os rexistrar co usuario Lugolibroslibres que empregamos neses casos


Os que liberaron o día do libro, estaban rexistrados. Quizais son restos desa liberación.

#5:  Autor: petitejolieUbicación: Lugo MensajePublicado: Lun May 14, 2012 9:43 pm
    —
lourixe escribió:
Chamáronme por fin da Obra Social de Nova Galicia Banco confirmando a súa achega dun lote de libros para liberar o Día das Letras Galegas. O que non sei é se veñen xa con BCID ou terei que os rexistrar co usuario Lugolibroslibres que empregamos neses casos.

Tamén verías que pasei polo Centro de Interpretación da Muralla e rexistrei os libros que alí fora deixando xente. Non eran tantos como me dixeran, e a maioría son novelas románticas (ou "ficción feminina", como se chama a categoría para bookcrossing).


qué ben! eu finalmente non poderei ir de meetup o día 16, así que se queres libros para o mercado, xa me dices e vemos de quedar ou acercarchos a algures...
Cando fun ao centro aínda ti non pasaras, pero xa irei.
Lourixe facendo mundo Bookcrossing! Razz

#6:  Autor: lourixeUbicación: Via XIX per loca maritima MensajePublicado: Mie May 16, 2012 11:08 pm
    —
cocodras escribió:
lourixe escribió:
Chamáronme por fin da Obra Social de Nova Galicia Banco confirmando a súa achega dun lote de libros para liberar o Día das Letras Galegas. O que non sei é se veñen xa con BCID ou terei que os rexistrar co usuario Lugolibroslibres que empregamos neses casos


Os que liberaron o día do libro, estaban rexistrados. Quizais son restos desa liberación.


Pois veñen con etiquetas pre-numeradas, o que quere dicir que ao cazalos e introducir o BCID, hai que encher a ficha toda cos datos do exemplar. Non deben ser restos do día do libro, porque as etiquetas activáronse a semana pasada. Son reedicións non venais de títulos dos catálogos de Xerais e Galaxia. Dos seis libros que me tocaron, catro son de Carlos Casares.

#7:  Autor: cocodrasUbicación: En el camino de baldosas amarillas MensajePublicado: Jue May 17, 2012 9:32 am
    —
lourixe escribió:
Pois veñen con etiquetas pre-numeradas, o que quere dicir que ao cazalos e introducir o BCID, hai que encher a ficha toda cos datos do exemplar


Sí, tes razón, esquecérao Embarassed

#8:  Autor: lourixeUbicación: Via XIX per loca maritima MensajePublicado: Jue May 17, 2012 7:35 pm
    —
A xornada está a ser un éxito... con decirvos que recibín máis libros como doazón para bookcrossing que os que foron cazados! Embarassed

#9:  Autor: cocodrasUbicación: En el camino de baldosas amarillas MensajePublicado: Vie May 18, 2012 10:25 am
    —
Beeen!

#10:  Autor: petitejolieUbicación: Lugo MensajePublicado: Vie May 18, 2012 11:41 am
    —
lourixe escribió:
A xornada está a ser un éxito... con decirvos que recibín máis libros como doazón para bookcrossing que os que foron cazados! Embarassed


Xa sabía eu que ía ser un exitazo!!! Razz



Bookcrossing-Spain -> Foro de Idiomas


output generated using printer-friendly topic mod. Todas las horas son GMT + 2 Horas

Ir a página 1, 2  Siguiente  :| |:
Página 1 de 2